OBRADOIRO
Cando miramos unha xoia nun escaparate a miúdo só vemos un obxecto en venda. Damos por sentado que se adquiriu nalgunha parte por certo prezo e se vende alí por outro mais alto. Rara vez pensamos en que esa peza se xerou entre as mans de alguén. Alguén que a imaxinou, desexouna e foina construíndo a forza de paciencia e vontade.
Era iso o que queriamos poñer de manifesto cando decidimos abrir ao público as portas do noso taller. Queriamos que se visibilizase esa relación. Que as nosas pezas son "de nós".
Estas son cousas adoitan ser difíciles de explicar, pero son moi doados de entender cando simplemente “se ven".
NÓS
Antonio Ibáñez
Vitoria, 1949“A perfección é sinxela. O complicado é alcanzala.”
Cursa estudos de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid que compaxina cos de Orfebrería e Xoiería na Escuela de Artes aplicadas y Oficios Artísticos.
Estancia en Londres onde traballa como aprendiz en talleres de restauración de xoiería antiga. Primeiros contactos co mundo das pedras e aprendizaxe das técnicas de talla.
Instala o seu primeiro taller profesional en León en 1978 dende o que comeza a vender as súas pezas en distintas galerías españolas. O ámbito do seu traballo obrígalle en 1984 a traslada-lo taller a Madrid, onde algúns anos despois abre a súa primeira tenda propia en Mercado Puerta de Toledo. Nesta mesma época comeza a exportar as súas pezas a Xapón onde mantén unha presenza permanente durante dez anos.
Agobiado polo que el entende coma unha excesiva dimensión do seu mercado decide dar “marcha atrás”. Regresa á súa terra de acollida, en realidade a terra da súa muller i estreita colaboradora, Marian Diéguez, e xunto a ela funda a Galería Noroeste en 1994.
Algunhas exposicións de especial significación:
2009-2008 Galicia: 25 anos do Consello da Cultura Galega.
Itinerante, Galicia
2004 Artesanía e Deseño: 100 propuestas para o novo milenio.
Itinerante, España
1999 Individual.
Galeria Hipótesi, Barcelona
1997 Galicia, Terra Única.
Ferrol, A Coruña
1
995 Individual.
Galería El Candor, Tokio, Xapón
1992 Carmen: o deseño de xoias en España.
Basilea, Tokio e Nova York.
1990 Un século de xoiería española.
Itinerante, España
1990 Spanish Designers.
Tokio, Xapón
1990 Deseño na Artesanía.
Fondo de Bienes Culturales, La Habana. Cuba
1987 Individual.
Galerie Cappazza, Nancy, Francia
1986 Ob Árt.
París, Francia
1985 25 Sieraden Ontwerpen.
Gemeente Museum, La Haya, Holanda
1984 Spaanse Kunst.
Galerie Nouvelles Images, La Haya, Holanda
1999 Galicia terra única.
Ferrol.
2008 Galicia 25. Unha cultura para un novo século. 1983-2008.
Fundación Caixa Nova, Vigo
2016 Arte, Artesanía, Deseño e sustentabilidade en Galicia.
Fundación Torrente Ballester, Ferrol
2016 Premio Artesanía de Galicia
2017 Artesanía no Prato.
Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Jose Castro
Santiago de Compostela, 1979“A harmonía, a beleza formal existe. O noso traballo, a nosa vocación é atopala.”
Remata o Bacharelato Artístico no Instituto Mankato de Minneapolis na especialidade de cerámica no ano 1997.
O ano seguinte trasládase a Londres, asistindo a seminarios sobre deseño aplicado na Universidade de Artes de Londres e perfeccionando a lingua inglesa.
En 1999 apoiada e motivada pola Galería Noroeste, comeza a súa formación como xoieira na Escola Massana, cursando o Ciclo Formativo de Xoiería Artística.
En 2003 finaliza os seus estudos na Ontario Scholl of Arts and Desing, Toronto.
Regresa a Santiago de Compostela en 2004 creando o seu primeiro taller, presentando as súas primeiras coleccións e realizando a súa primeira exposición, como non, na Galería Noroeste, proxecto ao que seguirá vinculada dende entón.
Nestes primeiros anos as súas coleccións atópanse nas galerías Prime, Toronto; Noel Guyomarch, Montreal; Alea, Barcelona; Amaranto, Barcelona; Ignia, Menorca; Istra, San Sebastián.
Gaña o certame Galiza Crea na edición do 2008 e participa en exposicións coma “Galicia 25. Unha cultura para o novo século” realizada polo Centro Caixanova de Vigo ou nas colectivas celebradas anualmente polas galerías Prime e Alea.
En 2011 faise socia e codirectora da Galería Noroeste e comeza con Antonio Ibáñez unha nova aventura creando un espazo novo no que se unifica a galería cos seus respectivos talleres personais sen ningún tipo de división física, unindo a creación, manufactura e venda das súas pezas en Noroeste Obradoiro no ano 2013.
En 2016 participa na exposición Arte, Artesanía, Deseño e Sustentabilidade en Galicia, realizada na Fundación Torrente Ballester de Ferrol. Gaña o premio artesanía de Galicia coas pezas Voluta, Volutidae.
En 2017 faise directora de Noroeste Obradoiro e participa conxuntamente con Antonio Ibañez en Artesanía no Prato, realizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.