ENVÍOS

Todos os nosos envíos son GRATIS dentro do territorio nacional (España).

Os pedidos son entregados a domicilio entre as 24 e 72 h seguintes despois de realizar o pedido. Tendo en conta que todas as nosas pezas están feitas a man, tentamos envialas sempre ao día seguinte pero ás veces necesitamos máis tempo de preparación.

Se non recibes o teu pedido dentro dos 15 primeiros días desde a data de compra, fainos chegar un correo a info@noroesteobradoiro.com co asunto «O meu pedido non chegou» e tan pronto como sexa posible poñerémonos en contacto contigo para solucionalo.

Para as vendas fóra da Unión Europea, Ceuta e Melilla poden existir dereitos de aduana derivados da importación dos produtos cara ao país ou rexión de destino. Devanditos gastos deben correr a cargo do consumidor. Por norma xeral, salvo que se especifique no produto ou que haxa unha promoción xeral sobre os envíos, o envío é gratuíto en todo o territorio nacional e internacional a partir de 300€ (non incluídos os propios custos de envío).

Unha vez procesado o pedido e enviado, o tempo de envío dependerá do país ao que se realice e terá unha duración estimada en días laborables comprendidos nos días indicados na seguinte táboa.

 

Tempos de entrega de pedidos
ENVÍO/PAÍS ESPAÑA INTERNACIONAIS
Todos os envíos 24 a 72h 48h (30€)
7 días (15€ – Pedidos maiores de 300€ portes gratis)

O cliente deberá indicar a dirección correctamente, se escribe erroneamente a dirección por falta ou omisión de datos e o paquete non lle é entregado, non nos faremos responsables de mandar un novo pedido nin haberá dereito a devolución económica.

Nota: Debido ou a situación de emerxencia causada polo COVID19 algúns pedidos poden verse afectados e o tempo estimado de entrega pode ser maior ao habitual. Utilizamos Correo Postal Internacional e debido ao colapso do tráfico aéreo internacional causado polos diferentes estados de alarma nos diferentes países e por unha redución do tráfico aéreo, a duración dos nosos envíos pode verse afectada negativamente. De todas as maneiras, entregaremos cada un dos pedidos aínda que nalgún caso sufran o atraso mencionado.