Interior da galeria Noroeste Obradoiro Santiago de Compostela

Noroeste/Galería xerouse en Santiago, en 1994. Marian Diéguez e Antonio Ibáñez foron os seus fundadores, ambo-los dous cunha longa traxectoria previa en deseño, produción, comercialización e exportación de xoiaría contemporánea dende a súa galería en Madrid.

A idea orixinal era a de presentar na galería a obra propia e a doutros autores relevantes do noroeste peninsular: Galicia, por suposto, pero tamén o norte de Portugal, Asturias, León... De aí a denominación escollida, unha palabra que é igual nas tres linguas, galego, portugués e castelán.

Pronto este ámbito resultou superado. Durante anos realizáronse dous ou tres exposicións ao ano de obra de autores internacionais xa establecidos, que se alternaban con exposicións de noveis que iniciaban a súa andaina con expectativas dun sólido futuro.

Jose Castro é un bo exemplo deses novos valores "nacidos" en Noroeste, agora directora da empresa.

En 2010, Noroeste abriu o seu propio taller no que se unificaron os nosos talleres persoais. Visible e visitable polo público, a aceptación entre os nosos clientes foi tal que en 2013 nos animamos a dar un paso máis e sumar Noroeste/Galería e Noroeste/Obradoiro nun local único, fose posible no que visibilizar a totalidade do proceso de elaboración das nosas pezas e así espir un pouco un traballo que ás veces resulta demasiado impenetrable.

Así nace o noso espazo actual.